luns, 30 de decembro de 2019

Semente


Tributos
Entre fondal e cimal


Ás portas xa do novo ano bisesto 2020, solpor dunha década e soleira doutra. Nel conmemoraremos o bicentenario do natalicio de Concepción Arenal. Como preámbulo da efeméride, lembramos un dos seus lúcidos pensamentos, no que acredita con matizados perfís o optimismo educativo sempre presente na súa obra, alén daqueloutros tópicos que o imaxinario da tradición lle veu atribuíndo a ela canda algúns máis pensadores, literatos e estadistas coetáneos. Velaquí as súa palabras, extraídas da obra La instrucción del pueblo, premiada pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en 1878: 

«Se dice: lo que se gasta en escuelas se ahorra en presidios, en jueces, en soldados; bien está: bueno es hacer economías; pero no es ésa la primera cuestión».
Concepción Arenal por Samaniego. A Habana, 1936