mércores, 21 de febreiro de 2024

Por Febreiro

 Aniversario

Nunha data sinalada

Calquera día do ano é magnífico para ver a luz primeira, pero poucos tan acaídos coma o de hoxe polo que nel se celebra. No Día internacional da Lingua Materna que, casualmente e por fortuna, acabou coincidindo coa data en que eu nacín, deixo por aquí a modo de curiosidade uns cativeiros versos propios, inxenuos, vizosos e combativos, dunha remota adolescencia tardía ou dunha mocidade temperá –como cada quen os queira entender–, que adquiren un gorentoso relouco ao encarar a vellez. Aí van, pois, cun certo rubor, neste 21 de febreiro, antes de pasar a folla irreversible do calendario camiño dun novo ano. Se cadra, noutro momento haberá máis.

Labrego que mollas

a suor de sangue

e a terra erma

de tristura e morte;

escoita hoxe o meu berro,

o meu laiar asolagado

que nace do fondo da alma.

Berra comigo forte,

                                               ben forte,

tan forte...

que os oídos burgueses

esgacen de medo.

Tan forte...

que as tecnócratas bágoas

calen os ósos da terra.

Berra, laia comigo parello

para que os nosos berros xuntos

resoen feridos no ceo

e unha chuvia de xustiza

naza para os nosos labregos.

«Himno final Labrego (Chuvia de xustiza)». De «Labrego. “Longo poema en catro cantos e un himno”». La Voz de Ortigueira, nº 3140, 3/9/1976. [Orixinal, Compostela – San Claudio, verán de 1976].

 

Portada do orixinal

venres, 5 de xaneiro de 2024

Por Nadal

Á volta de un século

Unha achega de Reis de Moar Fandiño

Como contribución á festa de Reis recupero os versos dos cantares, posiblemente populares (a teor do seu titular superior: «Estudios demasóficos», que entendo debe querer dicir «demosóficos» ou folclóricos) recompilados por José María Moar Fandiño (1878-1934), perito mercantil, avogado, estudante de Veterinaria, docente de Pedagoxía en distintos Institutos Xerais Técnicos de Galicia e do resto de España, profesor numerario encargado da cátedra de Historia da Escola Normal de Mestres  (logo Escola Normal do Maxisterio Primario, dende comezos da Segunda República) de Santiago de Compostela, antecedente da actual Facultade de Ciencias da Educación (1996) e avó do meu antigo compañeiro en tarefas museísticas e bo amigo José Luis Moar Rivera, asesor técnico do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) durante máis de unha decada. Moar Fandiño é un dos intelectuais máis destacados e dinamizadores na Compostela do primeiro terzo do pasado século. Ateneísta e asiduo conferenciante de brillante oratoria. Autor de numerosas obras de carácter pedagóxico, histórico, biográfico, naturalista, agrícola, artístico, heráldico, xenealóxico, relixioso e de creación literaria e dunha copiosa produción xornalística en prosa e en verso, tanto en galego como en castelán, sendo galardoadas moitas das súas pezas con distintos premios nas diversas especialidades que cultivou. Entre os periódicos e revistas onde colaborou con maior asiduidade atópanse El Ideal Campesino, Compostela, Gaceta de Galicia, El Correo de Galicia, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Magisterio de Galicia, La Voz de la Verdad, El Requeté, El Ideal Gallego, Galicia Nueva, El Alcance, La Estrella Galaica ou La Bala Rasa, que el fundou. O MUPEGA reservoulle dende a súa apertura un lugar na Solaina de Educadores Galegos, axudando a custodiar e enaltecer a súa memoria na compaña doutros ilustres educacionistas. A figura do profesor Moar agarda unha merecida e extensa monografía que a rescate da penumbra onde inmerecidamente aínda se atopa, superando en rigor, precisión e amplitude as concisas siluetas biobibliográficas dispoñibles,  ao tempo que reúna toda a produción escrita que deixou espallada non só na prensa senón tamén en abundantes libros e folletos e gran parte dela ademais a esta altura inédita.

No que concirne ao aporte etnopoético aquí exhumado, non nos informa o colector da fonte e lugar de procedencia (Galicia ou outra comunidade), nin nos indica se os versos foron recollidos por el directamente dos informantes mediante un traballo de campo ou escolmounos doutras obras xa impresas bibliográficas ou hemerográficas. Non consta tampouco o enclave ou hábitat concreto (rural/urbano) onde se xeraron. Pero aos efectos que aquí interesan, tanto ten, pois o importante é dar a coñecer este feixe de cantigas que acompañan e enchen de festa e algarabía o día de Reis; seguramente a celebración infantil máis importante de todo ano, se ben é certo que a chegada previa de Papá Noel restoulles protagonismo nas últimas décadas aos emisarios de Oriente, antes únicos mensaxeiros e portadores de agasallos para grandes e pequenos.  Dá a impresión de que as coplas que Moar nos ofrece puideran ter sido escritas para ser recitadas ou guionizar unha representación teatral ben no ámbito escolar ben no eclesiástico, pois gardan grande analoxía con outras pezas declamadas neses dous escenarios por parte do alumnado de ensino primario alomenos até a fronteira dos 70. Así o lembro eu aínda agora dos meus anos da nenez e escolarización oficial iniciática no Escolar de San Claudio, no  decorrer do segundo lustro da década dos 60. Anque tamén é verosímil a idea de que eses cantares se escribisen para levar os nenos como reclamo nas súas voces e en cuadrilla coral de porta en porta en petición do aguinaldo, conforme se acredita nos versos. Pero nada é posible confirmar con certeza, máis alá das conxecturas que cada quen faga. O máis salientable en calquera caso é traer ao presente este testemuño dunha antiga tradición, que conviría actualizar pero non debera perderse, a través da man, da pluma e da palabra do vello profesor compostelán José María Moar Fandiño, cando se cumpre un século exacto da difusión destas estrofas coas que se pecha o ciclo de Nadal. Que os Magos de Oriente pacifiquen os seus pagos de orixe e nos agasallen a todos co sorriso sempre prometedor dos máis cativos da casa.

***

ESTUDIOS DEMASÓFICOS

çÇç

CANTARES DE REYES

 


Buenas noches tenga usté,

señor caballero honrado,

que si usté nos da licencia

los Santos Reyes cantamos...

Buenas noches a la una,

buenas noches a las dos,

buenas las tengan ustedes

y buenas nos la dé Dios...

Con licencia de Él

y también de estos señores

venimos, niño Manuel,

a ofrecerte los loores.

Día de los Santos Reyes,

compañeros, alegría,

porque vamos a adorar

al que debemos la vida.

Con licencia de Jesús,

su Madre bendita tú eres,

con licencia de Jesús

vamos a cantar los Reyes...

___

 

Desde el Oriente a poniente

tres Reyes Magos venían;

no venían como Reyes,

venían en romería:

una estrella va delante,

a Belén hace la guía.

Por noticia saben

los tres Reyes Magos

que en Belén nació

el Rey Soberano.

Entre pobres pajas

y en abrigos malos...

Esta es una antorcha

que nos va guiando.

Llegan al portal

de Belén nombrado

y viendo que el niño

su Dios le ha llevado

le ofrecen gozosos

tres dones muy raros:

oro, incienso y mirra

con sus reinos varios...

De todos aquellos montes

vinieron muy diligentes

los pastores y zagales

trayendo muchos presentes.

Armaron gran alegría

con sus danzas pastoriles

y al Niño Dios adoraban

al son de los tamboriles.

San José adoraba al Verbo,

la Virgen le recreaba...

Y el recién nacido llora

que de frío tiritaba.

Los pastores y los Reyes

fueron juntos por la leña

para calentar al niño

que nació en la Noche Buena...

Por ser el día de los Reyes

la primer semana de año,

te venimos a pedir

nos des, Niño, el aguinaldo.

El aguinaldo que os pido

ni es hacienda ni es dinero;

os pido que me llevéis

con vuestra hermosura al Cielo...

...Esta casa noble

vámosla adornando

más que jaquetones

siempre cortesanos.

Tus hijas, si tienes,

serán, tiempo andando,

damas muy hermosas

y de lindo garbo...

Estas puertas son de pino

y aquí vive un gran vecino

que tiene mucho dinero,

saque, saque, dénos, dénos,

para comprar un cordero

con su lana y su cencerro,

su collar de cascabeles

que hoy es víspera de Reyes...

¡Buenos años

buenos reyes

buenas noches

tengan ustedes...!


 

Por la recolección,

josé maría MOAR.

 

El Compostelano, nº 1160, 5/1/1924, p. 1.

 

José María Moar Fandiño de mozo

(Arquivo particular de José Luis Moar Rivera)