Museos e centros do patrimonio educativo, lúdico e da infancia
Galicia tamén na Red-MeinPHE
Segundo a súa declaración programático-fundacional a Red-MeinPHE «pretende integrar a aquellos museos, centros de estudios e interpretación, espacios patrimoniales, entidades e iniciativas que tienen el patrimonio educativo como eje vertebrador o destacado de su actividad. Todos ellos podrán participar, sea cual sea su nivel, ámbito o modalidad, de carácter material (edificios, utensilios y materiales didácticos), documental (libros, libros de texto, memorias, cuadernos, documentos administrativos, etc.), audio-visual (fotografías, tarjetas postales, carteles, films, grabaciones, etc.) e inmaterial (historia oral, rituales...)».
Nesta fase auroral adheríronse ao proxecto reticular as nove realizacións seguintes radicadas en Galicia: Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), Museo Etnográfico de A Capela, Museo Etnográfico «Monte Caxado» (As Pontes de García Rodríguez), Museo Etnográfico de Meixido, Liga Santaballesa (museo escolar e da emigración), Asociación Museo Casas de Muñecas (Monforte), Museo Escolar de Muimenta, Museo Etnográfico Casa do Patrón (Doade), Museo da infancia e da escola (Pobra de Trives).
Cabe agardar que nos meses vindeiros outras iniciativas segan o camiño emprendido por estas pioneiras para maximizar a súa proxección alén dos respectivos enclaves territoriais de referencia, no marco dunha cobizosa articulación en rede da que sen dúbida se derivarán sinerxías e beneficios para cada unha das formacións vencelladas.
Para continuar
sumando e incrementar globalmente a visibilidade, varias experiencias de
Galicia con presenza e participación no ámbito da cultura tanxible e intanxible
da educación, o xogo e a infancia decidiron sumarse dende a súa constitución á Red-MeinPHE (Museos, entidades e iniciativas del Patrimonio Histórico-Educativo)
que vén de ver a luz no sitio web da Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico-Educativo (SEPHE).
Segundo a súa declaración programático-fundacional a Red-MeinPHE «pretende integrar a aquellos museos, centros de estudios e interpretación, espacios patrimoniales, entidades e iniciativas que tienen el patrimonio educativo como eje vertebrador o destacado de su actividad. Todos ellos podrán participar, sea cual sea su nivel, ámbito o modalidad, de carácter material (edificios, utensilios y materiales didácticos), documental (libros, libros de texto, memorias, cuadernos, documentos administrativos, etc.), audio-visual (fotografías, tarjetas postales, carteles, films, grabaciones, etc.) e inmaterial (historia oral, rituales...)».
Dende esta proposta
aberta, transversal e inclusiva aspírase «poder incorporar progresivamente todo
tipo de experiencias vivas existentes en nuestro país, relacionadas con el
patrimonio histórico-educativo, considerado en un sentido muy amplio, sea cual
sea su naturaleza (museos, centros de estudios e interpretación, espacios patrimoniales,
entidades, iniciativas, colecciones, etc.); objeto, contenido temático, nivel, ámbito
o modalidad (de carácter material, documental, audio-visual o inmaterial);
destinatarios (estudiantes, colectivos específicos o público en general); período
histórico, etc.»
Alentada por
este propósito, a Red-MeinPHE persegue
«dar a conocer tales experiencias a través de la Web de la SEPHE. Será así una
página de encuentro para la información y la colaboración», onde todas as
entidades adscritas disporán dun espazo virtual de seu para difundir as novas das
que queiran facer partícipes aos visitantes do portal corporativo. O actual panel
de iniciativas distribúese en oito bloques consonte a súa tipoloxía: Arquivos, Centros
históricos, Xogo, Museos Etnográficos, Bibliotecas, Coleccións universitarias,
Manuais escolares, e Museos pedagóxicos de educación e de ensinanza. O repertorio
inicial ascende a 45 núcleos museográficos. De cada establecemento afiliado proporciónase
unha ficha descritiva na que constan entre outros campos: imaxe corporativa, denominación,
descrición dos fondos custodiados, titularidade, historia, localización, horario
de visitas, páxina web, correo electrónico, etc.