Costumes e tradicións
Aguinaldos
A
comezos de 1911, o mensuario infantil El Faro de Veiga, redactado polos
alumnos do Colexio San Adrián, que sostiñan os cubanos das parroquias de Veiga,
Ponte de Mera, Feás, Landoi e Sismundi, todas elas pertencentes daquela ao concello
de Ortigueira, publicou dous artigos referentes á práctica do aguinaldo na
primeira das freguesías mencionadas, sede da escola e lugar de procedencia da
maioría dos compoñentes da sociedade de instrución promotora daquel centro
escolar. Polo que declara ou dá a entender o propio autor nas súas colaboracións,
non é veciño de ningunha das devanditas parroquias, aínda que si galego e visitante
en tempo de Nadal da localidade onde radica o establecemento docente, con toda
probabilidade procedente de Santiago de Compostela, conforme permiten intuír as
iniciais que van ao pé da súa segunda achega: «S. de C.». Cónstanos que tampouco
é un rapaz en idade escolar, senón «medio joven», segundo el mesmo manifesta. E
nos seus textos asegura mesturar o visto presencialmente cos seus ollos co que
tiña oído aos habitantes do lugar.
De
entrada, no primeiro artigo advírtese que naquel cabo do mundo os pícaros e as
pícaras non adoitan escribirlles cartas aos Reis Magos. E ao non escribirlles,
tampouco reciben os seus correspondentes agasallos. O pretexto que se aduce con
certa sorna é o deficiente estado das vías de comunicación que disuade aos de
Oriente de levar a termo a visita anual por aqueles pagos. Emporiso, polo que logo
se di, todo induce a sospeitar que a ausencia dos monarcas por aló obedece máis
ben ao arraigo dunha cultura oral que se resiste a desaparecer por imposición
da cultura escrita propagada a través da escola. No berce daquela cultura oral
aniña e medra a práctica ancestral dos aguinaldos.
Logo
xa, entrando en materia, o autor critica con contundencia e sen contemplacións
a maneira de levarse a termo o ritual do aguinaldo en Veiga pola improvisación,
falla de sintonía, ausencia de compenetración e descoordinación dos cantores das
panxoliñas, e aínda por unha «pronunciación tan deficiente» dos intérpretes [o
cruce dos idiomas en coexistencia ou conflito, decontino presente, e con máis
énfase na pupila dos foráneos] «que casi produce desmayos», no canto de «cautivar
el sentimiento», en radical contraste coa natureza e condición da música galega
que, segue testificando o declarante, «es
armoniosa y dulce, de una dulzura que encanta». Un ano antes, outro colaborador
do mesmo xornal infantil xa denunciara a escasa afinación dos xograres ambulantes
nas festas do ciclo de Nadal, requirindo mellora nesta habelencia para citas
vindeiras.
Á
marxe da reprobación que o primeiro texto contén, compila unha serie de datos
de interese respecto da práctica aguinaldeira en Veiga a aquela altura, que con
toda probabilidade compartían con mínimas variacións os demais núcleos de poboación
da contorna. Dinos o interlocutor que na cerimonia participaban en grupos homoxéneos
duns catro integrantes (segundo outro informante de catro ou seis), distribuídos
por idades e sexos, tanto nenos e nenas como mociños, mozos e mulleres, nunha
copiosa cantidade que non alcanza a precisar en cifras. Sempre ían provistos uns
e outras de sacos para gardar o que lles doaban e un pau, suponse que para apoiarse
e marcar o ritmo como acompañamento das cantigas ou, se acaso asemade, para escorrentar
intrusos. O instrumento musical que levaban algúns dos conxuntos de mozos era o
acordeón; curiosamente, non se mencionan a gaita, o tamboril, o bombo, o
pandeiro, as cunchas nin a pandeireta. E como indumentaria mantóns, que eles
colocaban cinguidos ao pescozo, a xeito de bufandas, e elas empregaban para
envolver, quizabes, a parte enteira superior do corpo. Falta facía nunha
estación na que por aquela época a temperatura roldaba entre os 5 e os 9 graos,
conforme se deixa rexistrado.
O
que máis amolaba ao relator era a actitude e o ton que adoptaban algúns dos
aguinaldeiros, pois se ben uns solicitaban o galano con deferencia e humildade,
outros facíano con descaro, improperios e de forma intimidatoria.
A
denuncia expresa de comportamentos impertinentes e inadecuados por parte dos demandantes,
vira logo no relato nunha chamada aos galegos a manter as tradicións e coidar «nuestras
cousiñas» a fin de que non se perdan nin mingüe o seu exercicio. Pero, xaora,
non desvirtuando nin deturpado a esencia e beleza das mesmas. E para iso cumpría
«obligar a los que piden el aguinaldo a cantar armoniosa y debidamente los villancicos,
acompañados de panderetas, zambombas o zampoñas». Facéndoo deste xeito, enténdese
que: «sería oportuna la petición, melodioso el canto y agradable todo». Tamén
convida a incorporar un costume que non semellaba aínda habitual naquel contexto
rural e tradicional, como era o de dirixirlles unha «respetuosa carta» aos Reis
Magos en vésperas da súa festa, aproveitando a proposta para enunciar toda unha
serie de atributos cívicos, morais e de conduta que se debían fomentar no comportamento
dos rapaces para merecer os galanos reais e a deferencia e estimanza «de las
gentes honradas».
A
crítica aceirada e implacable que se verte na primeira entrega, sen condescendencia
de ningún tipo cara aos cantores e peticionarios do aguinaldo, parece que se sente
na necesidade de modulala na segunda, por máis que no título apele a corroborar
o xa dito. No entanto, na súa conclusión matiza que o ditame inicial emitido no
artigo anterior veu motivado «por haber visto que muchos de los que pidieron el
aguinaldo lo hacían groseramente y entonaban un cántico que no era gallego ni
era nada», e o que pretendía era «recomendar que no obrasen de esta manera». Sendo así, degoira que os consellos «muy
prudentes» ofrecidos acaben sendo tomados en conta e «llevados a la práctica»
polos interpelados e os seus emuladores en convocatorias posteriores, idea que xa
formulara no traballo precedente. Vindica, ademais, a tolerancia e
consideración tocante aos usos e costumes de todos os pobos, principiando polos
máis próximos, o cal evidencia o recoñecemento da diversidade cultural mesmo entre
os pobos máis achegados. E salienta unha constatación que xa resultaba inequívoca
dende o momento en que o periódico escolar fixera a súa aparición impreso en
letras de molde, como que «donde más y con avidez se lee el faro de veiga es en Cuba». E alí –entende–
todos os lectores, propios, pretos e alleos, han seren agradecidos e
compracentes coas tradicións galegas. Polo demais, o autor amosa un afán
particular en distinguir os aguinaldeiros dos esmoleiros, motivado
ao parecer pola conducta dalgúns pais que impedían aos seus fillos pedir o
aguinaldo ante o temor de que fosen confundidos con pobres (se cadra, dos de
solemnidade, por aquilo das festas nas que saían) ou mendigos, condición que atinxiría
non só aos rapaces executantes da práctica do aguinaldo senón a toda a súa familia
máis directa, sinalándoa perante o resto da comunidade. En calquera caso, o
articulista non dubida en secundar sen reviravoltas a postura daqueles que
procuran «conservar la tradición, la costumbre [do aguinaldo], muy decaída por cierto,
como tantas otras que van en desuso». Pero mellor cas miñas palabras é coñecer
de maneira directa e de primeira man as do autor glosado, recollidas nos seus
dous breves artigos que reproduzo na súa integridade a continuación.
IMPRESIONES
–––
RÁPIDA
–––
En todos los pueblos, grandes y pequeños, de mucha o poca
importancia, los niños escriben a los Reyes Magos, y estos después les obsequian
con hermosos juguetes y regalos.
Aquí los niños no tienen esa buena costumbre, porque,
según me han dicho, los Reyes están acostumbrados a caminar por buenos caminos y
en San Adrián, aunque los hay, también los hay malos, y solo tenemos la
carretera que va a terminar en el puerto de Cariño.
De aquí que, no escribiéndoles, no obsequien a los niños
con nada. ¡Ah! Sí, les obsequian de una manera… enviándolos o permitiéndoles pedir
por ahí el aguinaldo.
¿Y cómo lo hacen?
Provistos de uno o dos sacos pequeños y un palo y en grupos
de cuatro por lo regular, recorren los lugares, y allí donde les dan
generalmente dinero, habas, manzanas, etc., preguntan si quieren que les canten
el aguinaldo, habiendo que decirles precipitadamente que no, pues la música
o sonsonete es detestable por el desorden en que la cantan y la pronunciación
tan deficiente es, que casi produce desmayos, debiendo cautivar el sentimiento,
porque la música gallega es armoniosa y dulce, de una dulzura que encanta.
Este año, hablando solo de San Adrián, hemos visto un sinnúmero
de grupos, de niños unos, de niñas otros, de mocitos aquellos, de mozos con
acordeón otros y otros de mujeres. Ellos con mantones al cuello en forma de
bufanda y el consabido palo y saquito, y ellas envueltas en mantones y con los repetidos
sacos.
El frío era intenso. El termómetro oscilaba entre 5 y 9
grados.
Algunos piden con humildad; otros con desfachatez y aquellos
en tono imperativo.
Yo creo que, teniendo en cuenta la tradición, debiéramos
los gallegos conservar nuestras cousiñas, y para que esto no desaparezca
débese obligar a los que piden el aguinaldo a cantar armoniosa y debidamente
los villancicos, acompañados de panderetas, zambombas o zampoñas. Y así
sería oportuna la petición, melodioso el canto y agradable todo.
Deseo a los que para el próximo año sean pedigüeños,
(¿les cuadrará el calificativo?) estudien oportunamente unos villancicos
apropiados y no nos den lata con esa infernal gritería; que dejen de agarrarse
o echarse el brazo y tener una mano en la cara para cantar, y por
último, que pidan con gracia y de tal manera que a quien se pide no pueda
negarse a dar algo de lo acostumbrado o de lo que guste.
Y esta rápida se va haciendo
larga. Voy a terminar proponiendo a los niños que me lean –yo soy medio joven–
que para el próximo año, si vivimos, y cuando se anuncie la visita de los magos
de Oriente, dirijan una respetuosa carta a S.S.S.M.M.M. solicitándoles lo que mejor
les parezca, pues tengo por experiencia que, los que obedecen en todo a sus
padres y maestro; los que son respetuosos con los ancianos y con el prójimo en
general; los que no vociferan locamente y corretean por los caminos; los que no
pisotean los sembrados y terrenos estropeando los frutales y robando fruta; los
que no escriben groserías en las paredes de las casas; los que saludan reverentemente;
los que asisten con la debida puntualidad a la Escuela aprovechando las
lecciones que reciben, son acreedores a los regalos de los Reyes Magos y a la
consideración de las gentes honradas.
Aquellos que tienen un gran libro en el que anotan las acciones
buenas y malas de los niños, al recibir la solicitud, o carta de estos, van al
libro y miran si aquel niño es digno del premio que solicita o del desprecio.
A vosotros, mis queridos amigos que no os desprecien los reyes Melchor,
Gaspar y Baltasar.
C. Rosal
El Faro de Veiga. Periódico mensual de
los niños. (Colegio San Adrián). San Adrián de Veiga, nº 38, 15 de enero de 1911,
p. 3.
______***______
RATIFICÁNDONOS
En todos los países, en todos los pueblos, hay sus usos y
costumbres. Y sin acudir a territorio extranjero, aquí, en las parroquias del
Distrito, vemos que, en ciertas cosas, sus usos y costumbres difieren unas de
otras.
No deben, pues, extrañarse nadie que hubiese leído mi
artículo anterior, de que por estas aldeas recorran animosos grupos los
lugares, pidiendo el aguinaldo; lo hacen en todas.
Donde más y con avidez se lee el faro de Veiga es en Cuba. Y los que residen en Cuba, cubanos
y gallegos o de otra región peninsular, no se extrañarían de esa costumbre que,
como otras tradiciones de la hospitalaria región galaica, debemos conservar en
mucha estima.
Nadie dirá, al enterarse que por las Pascuas de Navidad y
Reyes pedimos el aguinaldo, que esto es pedir limosna, pues si
vamos a los pueblos veremos que el cartero, el aguador, el carbonero, la
lavandera, el repartidor del periódico, el sereno, los criados, etc. piden el aguinaldo
y lo piden con más política ya presentando una poesía intencionada, ya una
tarjeta de felicitación y no quiere esto decir que piden limosna aunque
son pobres y trabajan para subsistir.
Cierto, muy cierto es, que por aquí, muchos padres no
permiten que sus hijos anden por los lugares pidiendo el aguinaldo; pero
también es muy cierto que, hay padres que animan a sus hijos a que lo pidan: y
que es así no se puede negar; mas esto no quiere decir, que sea por pedir
limosna sino, más que por nada, por conservar la tradición, la costumbre,
muy decaída por cierto, como tantas otras que van en desuso.
¿Qué diremos, nosotros, de los países cuyos usos y
costumbres fuesen, para nosotros, extravagantes? ¿Qué era un país inculto?
No nos aventuraríamos a exponer tan duro adjetivo, pues
pueden ser un país poderoso, culto, benéfico, altruístico, y sin embargo, tener
costumbres raras, para nosotros pero que un acendrado amor a su país les hace
conservar.
Nuestro artículo anterior fue inspirado por haber visto
que muchos de los que pidieron el aguinaldo lo hacían groseramente y entonaban
un cántico que no era gallego, ni era nada; y esto lo censurábamos y, al mismo
tiempo, nos permitíamos recomendar que no obrasen de esta manera, y dábamos
algunos consejos muy prudentes que esperamos han de ser, no solo aceptados de
palabra, sino llevados a la práctica.
Y nada más.
C. Rosal
S. de C.
31-1-1911
El Faro de Veiga. Periódico mensual de
los niños. (Colegio San Adrián). San Adrián de Veiga, nº 39, 15 de febrero de
1911, pp. 3-4.