Buscar neste blog

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Semente


Tributos. Escolma de textos
Bicentenario natalicio Concepción Arenal
Proseguimos a escolma de pensamentos de Concepción Arenal coa que pechamos 2019, neste bicentenario do seu natalicio, en memoria e homenaxe da que foi conceptuada como «a muller máis grande do século XIX» (F. Mañach). Moitas das súas reflexións continúan a ter plena actualidade hoxe en día e interpélannos arestora como esporearon aos seus coetáneos no momento auroral da súa difusión. A colectánea de textos, organizada por bloques temáticos, irá ampliándose sucesivamente con novas entradas como convite reiterado e sostido á meditación, ao compromiso e á actuación tanto individual como colectiva.
«La cultura de la inteligencia hace falta para todo, absolutamente para todo, y aun para ocupaciones tan materiales que, al parecer, no la necesitan» [Concepción Arenal, 1885].
Pobreza e ensinanza elemental
«El muchacho pobre que sale de la escuela de primeras letras con lo que se llama instrucción elemental, es ignorante» [Concepción Arenal, 1885].
«En lugar de estar muchas horas durante pocos años de la niñez para recibir una instrucción que no merece tal nombre, deben emplearse pocas horas durante muchos años para que no se olvide lo aprendido, para aprender lo que es incomprensible al niño y necesita saber el hombre, para adquirir el hábito y el gusto, y la aptitud del estudio y del saber» [Concepción Arenal, 1885].
Economía educativa e eficacia pedagóxica
«Siendo mucho lo que se sabe, mucho lo que hay que aprender, es necesario enseñarlo con las menos palabras posibles y con bastante claridad para que lo entiendan todos» [Concepción Arenal, 1885].

luns, 30 de decembro de 2019

Semente


Tributos
Entre fondal e cimal


Ás portas xa do novo ano bisesto 2020, solpor dunha década e soleira doutra. Nel conmemoraremos o bicentenario do natalicio de Concepción Arenal. Como preámbulo da efeméride, lembramos un dos seus lúcidos pensamentos, no que acredita con matizados perfís o optimismo educativo sempre presente na súa obra, alén daqueloutros tópicos que o imaxinario da tradición lle veu atribuíndo a ela canda algúns máis pensadores, literatos e estadistas coetáneos. Velaquí as súa palabras, extraídas da obra La instrucción del pueblo, premiada pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en 1878: 

«Se dice: lo que se gasta en escuelas se ahorra en presidios, en jueces, en soldados; bien está: bueno es hacer economías; pero no es ésa la primera cuestión».
Concepción Arenal por Samaniego. A Habana, 1936